Un ano máis, a iniciativa ‘Baixo o mesmo paraugas’ volve para recordar que o próximo día 3 de decembro, Día Mundial das Persoas con Discapacidade, preto de 90 entidades sociais de toda Galicia unirémonos cos nosos paraugas para reivindicar unha sociedade máis xunta e igualitaria para todas as persoas.

 

A acción nas redes

Farase, como tódolos anos, unha acción conxunta nas redes sociais e é moi sinxelo participar:

1. O día 3 sube unha foto cun paraugas e unha mensaxe positiva cos hashtag #ParaugasPolaDiscapacidade e #BaixoOMesmoParaugas
2. Etiqueta aos teus amigos a rétaos a facer o mesmo
3. Etiqueta a @galiciadiversa

O obxectivo é encher as redes de paraugas de cores!