TERAPIAS INTENSIVAS
O programa de Terapias Intensivas de Neurorrehabilitación realízase dende os servizos de fisioterapia e terapia ocupacional. Consiste nun tratamento de alta intensidade, no que se condensan un gran número de horas de intervención nun curto período de tempo. O obxectivo principal é mellorar a funcionalidade e maximizar a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido. Este programa está activo desde xuño de 2019. O protocolo de intervención estándar consta de seis horas diarias de tratamento durante 10 días consecutivos; aínda que esta frecuencia pode sufrir modificacións, para adaptala ás características específicas de cada persoa. Ao final do tratamento realízanse seguimentos posteriores durante un período de seis meses. ADACECO é o único centro acreditado da provincia da Coruña que ofrece este tipo de rehabilitación, a partir da formación impartida por TIN (Asociación de Terapias Intensivas en Neurorrehabilitación).
- La historia de Manuel
- La historia de Maje
- La historia de Carlos
- La historia de Marité
- La historia de Pedro
- La historia de Jorge
Calquera persoa que queira máis información, pode chamar ao 981 07 52 59 ou mandar un email a adaceco@adaceco.org.