QUE FACEMOS
MODALIDADES DE ATENCIÓN
Centro de día terapéutico
Atención de neurorrehabilitación e atención integral a persoas afectadas por dano cerebral e ás súas familias, que combina e integra multitude de disciplinas ofrecendo un tratamento neurorrehabilitador, actividades complementarias, ocio terapéutico, estimulación socioafectiva, relacións sociais e respiro familiar, na modalidade de estancia diurna. O centro de día está en funcionamento dende o 24 de maio de 2010..
As persoas que reciben atención no Centro de Día atenden de forma continuada ou tamén en xornadas individuais e hai servizo de comedor para quen así o desexen:
Luns a Xoves:
– Sesión de mañá: 9:30h a 13:30h.
– Sesión de tarde: 16:00 h a 19:00h
– Xornada completa: 9:30h a 19:00h
Venres:
– Sesión de mañá: 9:30h a 13:30h.
Atención ambulatoria
Atención integral ás persoas afectadas por DCA e ás súas familias que combina e integra multitude de disciplinas, ofrecendo tratamento rehabilitador, actividades complementarias, lecer e tempo libre.
Actualmente as terapias rehabilitadoras en tratamento ambulatorio que ofrecemos en ADACECO son:
–Terapias Intensivas en Neurorrehabilitación
Estas terapias compleméntanse con outras actividades de lecer e tempo libre, como:
-Teatro
-Boccia
-Socialización e Debate
-Informática
Ademais, tamén contamos có servizo de transporte.