CHÁMANOS
981 075 259 - 655 824 619
E-MAIL
adaceco@adaceco.org

FISIOTERAPIA NEUROLÓXICA

A fisioterapia neurolóxica é un tipo de rehabilitación funcional que busca minimizar os déficits de cada usuario, así como facilitar a súa reinserción biopsicosocial. Todo isto realízase de forma personalizada a través de accións, métodos e técnicas orientadas a favorecer a súa recuperación e independencia funcional.

O tratamento é individual, realizando previamente unha avaliación funcional, e a partir dos resultados obtidos nel desenvólvense actividades adaptadas ás características e circunstancias especiais de cada persoa; establecendo obxectivos terapéuticos en colaboración con ela e a súa familia.

As estratexias terapéuticas están dirixidas a potenciar a autonomía persoal de cada usuario e a mellorar a súa condición física, ao tempo que se lles introduce en actividades que posteriormente lle axudarán na súa vida diaria.