CHÁMANOS
981 075 259 - 655 824 619
E-MAIL
adaceco@adaceco.org

FISIOTERAPIA NEUROLÓXICA

A fisioterapia neurolóxica é un tipo de rehabilitación funcional que busca minimizar os déficits de cada usuario, así como facilitar a súa reinserción biopsicosocial. Todo isto realízase de forma personalizada a través de accións, métodos e técnicas orientadas a favorecer a súa recuperación e independencia funcional.

O tratamento é individual, realizando previamente unha avaliación funcional, e a partir dos resultados obtidos nel desenvólvense actividades adaptadas ás características e circunstancias especiais de cada persoa; establecendo obxectivos terapéuticos en colaboración con ela e a súa familia.

As estratexias terapéuticas están dirixidas a potenciar a autonomía persoal de cada usuario e a mellorar a súa condición física, ao tempo que se lles introduce en actividades que posteriormente lle axudarán na súa vida diaria.

No ano 2023 equipamos os servizos de neurorrehabilitación con material terapéutico grazas a convocatoria FOIE/2023 da Deputación da Coruña.

O importe da subvención ascendeu a 3.352,98€, que corresponde a un 79% do custo total.