CHÁMANOS
981 075 259 - 655 824 619
E-MAIL
adaceco@adaceco.org

TRABALLO SOCIAL

É a porta de entrada da asociación. Este servizo dá a benvida ás persoas afectadas e ás súas familias, facilítalles información, orientación e asesoramento sobre a DCA e a asociación, e facilita o acceso a servizos e recursos de apoio.

Corresponde ao traballador social as seguintes funcións:

  • Recepción das demandas dos afectados e familiares, valoración social e intervención posterior, se é o caso, para mellorar a súa situación.
  • Atención e asesoramento directo ás familias sobre os recursos sociais existentes e as prestacións económicas das que poden beneficiarse.
  • Tramitación e xestión de recursos e prestacións.
  • Coordinación con outros dispositivos (atención primaria, centros de saúde…).
  • Acompañamento á familia durante todo o proceso, axudando a superar as dificultades ou desequilibrios que poidan xurdir para afrontar a nova situación tras o DCA.