LOGOPEDIA
A logopedia céntrase no tratamento dos trastornos da fala e da linguaxe, xunto cos problemas de deglución. No ámbito do dano cerebral adquirido, as principais áreas de traballo son a avaliación e rehabilitación de disfaxia, disfonía, disartria, afasia, trastornos pragmáticos da comunicación, e a implantación e formación no uso de sistemas alternativos e aumentativos de comunicación.
A partir dos resultados obtidos na avaliación inicial logopédica, deséñase un plan de intervención individualizado para cada afectado susceptible de tratamento. Este tratamento pódese aplicar tanto en sesións individuais como en grupo, sempre tendo en conta as características de cada persoa.
A premisa principal é rehabilitar, na medida do posible, as funcións alteradas para acadar unha linguaxe necesaria para a vida autónoma diaria.