As asociacións de FEGADACE chegamos a Santiago ‘Camiñando polo dano cerebral’

Máis de 200 persoas con dano cerebral e os seus familiares chegaron á Praza do Obradoiro tras realizar un pequeno último tramo do Camiño de Santiago. Foi un acto convocado pola Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) para «visibilizarse» e reclamar ás administracións «servizos e recursos» para darlles unha maior calidade de vida a estes doentes, segundo explicou en declaracións aos medios o seu presidente, Luciano Fernández.

Tras á chegada á Praza do Obradoiro, os centenares de participantes, a maioría ataviados con chubasqueros para afrontar a choiva, foron recibidos polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Política Social, Fabiola García.

Esta iniciativa -bautizada ‘Camiñando polo Dano Cerebral’- tivo o «obxecto fundamental de demostrar que despois do dano cerebral hai vida» e para «visibilizar» tanto aos afectados como aos seus familiares, incidiu Fernández. Ademais, o presidente de Fegadace dirixiuse ás administracións: «Necesitamos servizos e recursos para que, despois dun dano cerebral, as persoas poidan ter a maior calidade de vida posible».

Na camiñada participaron algo máis de 200 persoas das cinco asociacións que integran a Federación Galega de Dano Cerebral, entre as que se atopa a nosa entidade, Adaceco.

‘Camiñando polo dano cerebral’ é un proxecto enmarcado no programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022. Esta actividade conta ademais coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e de Eroski.

Noticias relacionadas

Adaceco recibe formación en el uso de dispositivos DESA

por Administrador
3 años ago

Un mural de papel reciclado llena de color el centro de día de A Corveira

por Administrador
3 años ago

Abre o teu paraugas polo Día da Discapacidade

por Administrador
3 años ago
Salir de la versión móvil