CHÁMANOS
981 075 259 - 655 824 619
E-MAIL
adaceco@adaceco.org

TERAPIA OCUPACIONAL

A Terapia Ocupacional é unha disciplina que busca acadar o maior grao posible de independencia funcional e de autonomía persoal de cada usuario, procurando mellorar a súa calidade de vida e a da súa familia..

O tratamento é individual, realizando previamente unha avaliación funcional, e a partir dos resultados obtidos nel desenvólvense actividades adaptadas ás características e circunstancias especiais de cada persoa; establecendo obxectivos terapéuticos en colaboración con ela e a súa familia.

A finalidade é mellorar o rendemento ocupacional das persoas mediante a reciclaxe das Actividades básicas e instrumentais da Vida Diaria; todo iso mediante a realización de actividades significativas e asesoramento personalizado sobre produtos de apoio, axudas técnicas e adaptacións no fogar.

Dentro do servizo de Terapia Ocupacional realízanse sesións grupais de psicomotricidade. O seu obxectivo é favorecer o desenvolvemento das habilidades motrices (mobilidade, coordinación, control postural…), cognitivas (memoria, atención…), perceptivas (esquema corporal, relacións espaciais…) e/ou sociais (interacción grupal)…); mediante o movemento e o xogo.
.